O Centro Dramático Galego afonda na conexión coas principais entidades teatrais lusas nun espectáculo sobre a figura da actriz galega Manuela Rey. Xunto á compañía institucional galega, participan na produción de Manuela Rey is in da house o Teatro Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II e o Teatro Nacional Sao Joao.
A peza estréase o venres 10 no Teatro Municipal Sá de Miranda para inaugurar o Festival de Teatro de Viana do Castelo e poderá verse en marzo en Santiago de Compostela.
O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez é o director artístico así como a dramaturxia , podes ecoitar a entrevista completa aquí: