Os 54 migrantes procedentes das Canarias xa están en Sanxenxo desde esta mañá, onde permanecerán aproximadamente un mes nun hotel.
Chegaron antes das 7.00 horas nun autobús procedente de Madrid.
Son todos varóns maiores de idade e que non superan os 25 anos. Foron recibidos por representantes da ONG Accem, ofrecéuselles algo de almorzo e distribuíronos nos respectivos cuartos.
Accem encargarase de ofrecerlles apoio social e psicolóxico, ademais de axudarlles coas necesidades do aloxamento.
Este grupo súmase a outros 40 migrantes senegaleses que chegaron ao Porriño hai 10 días, e que foron acollidos nun albergue privado de peregrinos da localidade.
Resta agora que chegue a Galicia outro grupo de persoas destinados a Sobrado dos Monxes.