O Concello de Ponteareas solicitará á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza do couce do río Tea ao longo de todo o seu percorrido para evitar que se repitan desbordamentos como o do pasado sábado.
Entre as oito da mañá e as dúas da tarde do sábado o nivel do Tea superou o limiar de
alerta que se establece nos 3,45 metros. O punto máximo produciuse ás 11 da mañá
chegando aos 4,77 metros.
Podes escoitar a entrevista coa alcaldesa na sección de Concello aberto, Nava Castro, aquí: