sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os contaxiados e hospitalizados na véspera de San Xosé

Baixan os contaxiados e hospitalizados na véspera de San Xosé

Galicia encara a ponte de San Xosé cun descenso de casos activos (2.586 ) e unha baixada nas hospitalizacións (271). Con todo, os expertos fan un chamamento á poboación a non baixar a garda para non entrar nunha cuarta vaga.

Na última xornada diagnosticáronse en Galicia 146 novos positivos de COVID-19 quedando o número total de casos activos en 2.586 no país. Baixa o ritmo no descenso de casoas activos pero non se detén. 

A área sanitaria da Coruña, con alta presenza da variante británica, segue sen baixar do milleiro de positivos:

A Coruña: 1.028 (-36)

Vigo: 484 (+12)

Pontevedra: 212 (-10)

Santiago: 279 (-9)

Lugo: 205 (-5)

Ferrol: 223 (-9)

Nos hospitais a presenza do virus baixa. Hai arestora 271 persoas ingresadas diagnosticadas de coronavirus: 214 en planta (-21) e 57 en UCI (-1). Non se rexistraba unha cifra tan baixa desde o 17 de outubro.

Na última xornada o Sergas notificou o pasamento de 4 persoas máis de COVID-19, quedando o total de falecidos desde o inicio da pandemia a 2.302 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS