Elvira e Rosa atópanse tempo despois de que pasara «todo iso». E que é todo iso? Pos todo: a vida, a mestra galega María Barbeito e a súa depuración polas ideas progresistas na Guerra Civil, a educación, a nova e a de antes e o medo. Aínda que tamén hai algo de escorrentalo mentres se baila e se ríe.
Esta é a historia que conta a dramaturga Paula Carballeira en As Alumnas, a obra pola que obtivo o Premio nacional de literatura dramática este ano 2023. Este sábado represéntase na Guarda.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: