Tomiño sitúase agora nunha incidencia superior a 75 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días e Baiona volve a rexistrar contaxios.
Segundo a última actualización do SERGAS, Tomiño aumenta a incidencia en relación á COVID-19 nunha semana ao situarse agora con entre 75 e 125 casos por cada 100.000 habitantes. Con todo, continúa fóra da zona considerada de risco por Sanidade a 14 días con menos de 150 casos por cada 100.000 habitantes.
En Baiona, volven os contaxios nunha semana mais mantense a presión do virus no municipio ao non superar os 25 casos por cada 100.000 habitantes a dúas semanas.Pola súa banda, Soutomaior ten a mesma situación epidemiolóxica con respeto a onte pois situase por debaixo dos 125 casos por cada 100.000 habitantes con non máis de 9 novos contaxios en COVID-19 entre a súa veciñanza. A dúas semanas, son 15 contaxios no municipio cunha incidencia superior aos 150 casos por cada 100.000 habitantes.
Pola contra, Pazos de Borbén non conta con ningún caso positivo nunha semana ao igual que O Covelo e Salceda de Caselas. Con todo, non están libres de COVID-19 posto que si rexistran contaxios en dúas semanas, aínda que son menos de 9. Ponteareas ten unha incidencia menor a 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana.
A maioría dos concellos da bisbarra, rexistra menos de 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana: A Guarda, O Rosal, Oia, Gondomar, Redondela, Fornelos de Montes, A Cañiza, O Porriño e Mos
Nunha mellor situación epidemiolóxica, atópanse os concellos de Tui, Nigrán, Salvaterra de Miño e Mondariz con menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana ao non rexistrar máis de nove novos casos en COVID-19 entre a súa veciñanza.
Crecente, Arbo, As Neves e Mondariz-Balneario seguen libres de coronavirus.
A Área é a única que aumenta o número de casos positivos activos
A Área Sanitaria de Vigo é a única das sete que conforman o Sergizo Galego de Saúde que aumenta o número de positivos activos en COVID-19 en 24 horas. Así, 484 veciños e veciñas da área teñen o virus, 12 máis que onte, segundo Sanidade. Os pacientes que precisan hospitalización son 57. Deles, 47 están en camas convencionais (+1) e 10 nas UCI.