domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísOs enfermos en UCI pola COVID-19 baixan a 58 en Galicia

Os enfermos en UCI pola COVID-19 baixan a 58 en Galicia

É a cifra máis baixa de ingresados en estado grave en hospitais galegos desde inicios de xaneiro, antes de que os ingresos se dispararan tras as festas de Nadal. Tamén baixan os hospitalizados en xeral,  293 persoas, 20 menos que o día anterior.

Galicia ten un mes despois, unha terceira parte de ingresados que tiña en UCI. A mediados de febreiro eran 187 os galegos e galegas hospitalizados graves.

Igualmente, logo do susto de onte, que tras un mes e medio de descenso volveran subir os casos activos, hoxe volven baixar no pais, aínda que só moderadamente (-27). Hai 2.658 contaxiados, ao haber máis altas que novos contaxios (148).

Por áreas sanitarias, A Coruña non subiu os seus positivos, aínda que non logra baixar do milleiro de contaxiados:

A Coruña: 1.064 (-12)

Vigo: 472 (+15)

Pontevedra: 222 (-8)

Santiago: 288 (-5)

Lugo: 210 (+5)

Ferrol: 232 (-11)

Ourense: 170 (-11)

As mortes por COVID-19 non se deteñen en Galicia. Na última xornada o Sergas notificou 3 pasamentos máis por coronavirus. Sumamos xa 2.306 persoas falecidas por mor do coronavirus en Galicia.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS