O Concello de Valença adiántase as posibles inundacións por mor das chuvias e realiza traballos en varios puntos do municipio. Principalmente, naqueles espazos onde se acumulan as augas pluviais. A Câmara busca «evitar danos en persoas e en bens».
As principais intervencións prodúcense en Ribeiro de Favais nunha extensión de 800 metros. Segundo explican dende o Concello, «esta invervención pretende evitar os constantes danos que año tras año afectan aos veciños e aos comercios desta zona».
Albergaria é outra das zonas nas que a Cämara municipal intervén, «unha actuación que xa hai tempo que os veciños a reclamaban» e que «permitirá fluir mellor ás augas nesa zona para evitar danos maiores na época das grandes chuvias».
As accións preventivas estendeuse tamén a todas as rúas da fortaleza coa limpeza das arquetas e que «continuará durante os próximos días».