A Dirección Xeral de Tráfico iniciou este luns unha campaña de vixilancia e inspección dos vehículos que circulan pola rede viaria galega para controlar que teñan os pneumáticos en bo estado.
O debuxo das rodas non debe ter menos de 1,66 milímetros de profundidade, aínda que o recomendable son os 3 mm.
As sancións ascenden a 200 euros por roda en mal estado.