sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísSoben os casos activos en Galicia tras mes e medio en caída

Soben os casos activos en Galicia tras mes e medio en caída

Logo de un mes e medio descendendo o número de contaxiados de COVID-19 en Galicia, hoxe a cifra repunta. En Galicia hai 2.685 casos activos, tres maís que o luns, ao diagnosticarse máis positivos na última xornada que altas médicas.

Subiron os casos activos en tres das sete áreas sanitarias; na da Coruña (23), na de Vigo (6) e na de Lugo (2).

Por áreas sanitarias, a coruñesa, á cabeza non logra baixar do milleiros de contaxios:

A Coruña: 1.076 (+23)

Vigo: 457 (+6)

Pontevedra: 230 (-14)

Santiago: 293 (-6)

Lugo: 205 (+2)

Ferrol: 243 (-3)

Ourense: 181 (-5)

O lado bo dos datos desta xornada é a baixada das hospitalizacións. Redúcese o total de persoas ingresadas a 313 (-12): 248 en planta (-3) e 65 nas UCI (-9). Esta cifra total é a menor dende o 19 de outubro.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS