sábado, noviembre 23, 2024
InicioO PaísPontevedraA Deputación presenta o novo plan para os Concellos dotado con 48...

A Deputación presenta o novo plan para os Concellos dotado con 48 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de presentar este luns o novo plan de obras e servizos da entidade provincial que levará o nome de +Provincia e estará dotado con 48,2 millóns de euros, a cifra máis alta da historia destes plans de investimentos nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. “Suporá un antes e un despois para os concellos da nosa provincia”, afirmou o mandatario provincial.

Segundo explicou o presidente popular en rolda de prensa, «programa +Provincia incrementa nun 9,5 % o orzamento do anterior plan de investimentos.  En só 100 días, o goberno de Luis López elevou en 4,2 millóns de euros o importe total do coñecido anteriormente como Plan Concellos, que ao longo dos seus oito anos de vixencia se incrementou en 4 millóns, pasando dos 40 millóns do ano 2016 aos 44 do ano 2023».

López destacou que o programa incorpora unha nova liña de financiamento. Ademais de conservar as de investimento, emprego e gasto corrente; o novo goberno inclúe unha cuarta liña centrada de “proxectos de futuro” para “apoiar a redacción de novos proxectos transformadores preferentemente aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e coas prioridades da Unión Europea”, explicou o presidente.

Anunciou tamén Luis López a aprobación dun plan extraordinario de mellora das infraestruturas deportivas dotado con 4 millóns de euros para modernizar ou construír novas instalacións. “Aproveitaremos os recursos que quedaron sen executar no pasado, os remanentes, para dotar a moitos lugares da provincia de instalacións de nivel porque apostar polo deporte é inxectar vida nos concellos e aí a Deputación estará sempre”, recalcou o presidente. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS