sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísSanidade decide hoxe se amplía o horario e aforamento dos bares

Sanidade decide hoxe se amplía o horario e aforamento dos bares

A previsión é que a Xunta amplié o horario da hostalería a partir do venres 19 de marzo até as 20.00 horas e tamén o aforamento dos establecementos até o 50% no interior e até o 75% na terraza, agás para os concellos con restricións máximas.

Dependerá este novo paso na desescalada da avaliación que faga esta tarde o comité clínico que asesora a Xunta na pandemia. O certo é que na última xornada subiron, por primeira vez logo de mes e medio descendendo, os casos activos. Con todo a baixada no número de ingresados nos hospitais e especialmente en UCI , con 65 pacientes graves arestora, pode facer que o comité clínico acceda a abrir a permisividade na hostalería como anunciou en previsión a semana pasada tanto Feijóo como os conselleiros Julio García Comesaña e Alfonso Rueda.

 Con todo prudencia, xa que se a situación comeza a empeorar, con incidencia a 7 días, esa apertura de aforamento e horario podería frustrarse para a Semana Santa.

Os hostaleiros pedían ampliar o toque de recollida até as 23.00 horas e tamén até esa hora a actividade nos seus negocios, pero a Xunta non vai acceder á petición.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS