viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasSoutomaior aumenta a incidencia a unhas horas da reunión do Comité

Soutomaior aumenta a incidencia a unhas horas da reunión do Comité

O concello de Soutomaior rexistra unha incidencia de máis de 125 casos por cada 100.000 habitantes agora. Onte, non os superaba.

 A unhas horas da reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, na que se analizarán os datos, municipio a municipio, e se decidirá se se flexibiliza os horarios e os aforamentos da hostalería, Soutomaior volve a situarse na zona de risco, segundo a última actualización do SERGAS. A incidencia, en relación aos novos contaxios en COVID-19 entre a súa veciñanza, aumenta ata os entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días ao contar con 10 novos casos no municipio. Con todo, a súa incidencia a dúas semanas non muda con respeto a anterior actualización pois segue sen superar os 250 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días.

De feito, é o único concello da bisbarra con esta situación epidemiolóxica. A Guarda, que onte aumentara o número de novos casos, na actualización de hoxe regresa á incidencia da maioría dos concellos da Área: entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Nesta listaxe atópanse, Tomiño, Vigo, A Cañiza, Redondela, Pazos de Borbén e Mos. Súmase hoxe O Porriño que aumenta, así, a incidencia en 7 días.

Pola súa banda, ningún veciño nin veciña do Covelo deu positivo en COVID-19 nunha semana aínda que o municpio mantén a súa incidencia a 14 días con non máis de 50 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días. Baiona e Ponteareas seguen na incidencia menor a 10 casos por cada 100.000 habitantes.

Gondomar logra descender a presión da COVID-19 no concello en dúas semanas pois agora non supera os 25 casos por cada 100.000 habitantes, si os superaba na anterior actualización do SERGAS. Na mesma incidencia a 7 días que o concello do Val Miñor, están tamén O Rosal, Tui, Nigrán, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz

Crecente, Oia, As Neves, Arbo e Mondariz-Balneario seguen libres de COVID-19.

Falece unha muller de 82 anos por mor da COVID-19

A Área Sanitaria de Vigo aumenta en 6 os positivos activos con respeto a anterior actualización do SERGAS. Aumenta tamén en catro as persoas que precisan hospitalización en camas convencionais e descende nun paciente, ata os 13, os que precisan das UCI. As Áreas da Coruña e de Lugo aumentan igualmente o número de casos positivos activos en COVID-19.

Sanidade vén de notificar o falecemento dunha muller de 82 anos por mor da COVID-19 en Povisa no 12 de marzo. É unha das tres mortes a causa do virus na comunidade entre o 12 e o 15 de marzo. No que levamos de pandemia xon xa 405 persoas as que perderon a vida na Área.

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS