lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoA parroquia de Setados terá senda peonil ata o centro das Neves

A parroquia de Setados terá senda peonil ata o centro das Neves

O Concello das Neves vén de acadar o compromiso da Xunta de Galicia para constuír un novo enlace da estrada autonómica PO-400 na parroquia de Setados co obxetivo de corrixir o problema de seguridade viaria existente nesta contorna. Así o fai saber a administración local liderada agora polo popular Jose Manuel Alfonso quen apunta que «este investimento é un dos meus primeiros compromisos».

O rexedor xestionou esta mellora viaria coa conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez. A raíz das negociacións, «xa recibimos o proxecto definitivo desta actuación e unha comunicación de que a expropiación será asumida polo goberno galego».

Segundo apunta o Concello das Neves, «o proxecto presentouse aos veciños beneficiarios, que amosaron un apoio maioritario a esta mellora viaria y ademais conta cun valor engadido xa que a Xunta también incluirá a construcción dunha senda peonil na beirarrúa dende o enlace da parroquia ata o centro do municipio».

Este mesmo ano os veciños e as veciñas da parroquia pararon o tráfico en sinal de protesta para reclamar unha mellora na seguridade viaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS