Unha nai e tres dos seus fillos menores de idade son os falecidos do incendio de madrugada este mércores no edificio okupado número 6 da rúa Alfonso X O Sabio, en Vigo.
Nove feridos, algúns de gravidade como unha nena hospitalizada na UCI pediátrica do hospital Cunqueiro. Os feridos están hospitalizados en Povisa e no Cunqueiro.
A causa do incendio parece estar nunha motocicleta incendiada no acceso ao edificio. Ao abrir o portal, a corrente tería avivado o lume e propagado polas escaleiras bloqueando a salida aos residentes.
Os efectivos de seguridade xa acudiran en varias ocasións anteriores a este inmoble por distintos altercados, entre eles, lumes anteriores.
Os propietarios do inmoble iniciaran os trámites xudiciais para a desokupación do edificio e posteriormente realizar reformas nel, se ben non constaban deficiencias estruturais.
O Concello de Vigo ofreceu o albergue municipal aos veciños e veciñas desaloxadas e tamén atención psicolóxica.
O alcalde, Abel Caballero, anunciou tres días de loito oficial:
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride:
A concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez: