lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasO Museo do Mar acollerá unha mostra de Antonio Palacios

O Museo do Mar acollerá unha mostra de Antonio Palacios

Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na presentación do libro Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia

O volume reúne o traballo de oito investigadores, son os historiadores José Ramón Iglesias Veiga, especialista en Antonio Palacios, e Alfredo Vigo Trasancos; os profesores universitarios Antonio Perla de las Parras, Yolanda Pérez Sánchez, Jesús Ángel Sánchez García e Santiago Rodríguez-Caramés; o arquitecto Álvaro Bonet López e o axente inmobiliario en Madrid Jacobo Armero Chauton.

Percorrido pola obra de Palacios

A visión ofrecida no libro complétase coa exposición centrada na súa figura que se inaugurará no Museo do Mar de Galicia a partir do mes de setembro. Trátase dunha mostra comisariada por Jesús Ángel Sánchez García que percorrerá a obra de Palacios incidindo na súa faceta como arquitecto moderno e implicado na mellora da vida diaria da xente con proxectos como vivendas de aluguer, estacións de metro, hospitais, oficinas, comercios, bancos, sociedades de recreo, hoteis, balnearios ou restaurantes.

Así mesmo, o proxecto expositivo tamén se centra na importancia de Palacios na paisaxe urbana de Galicia, especialmente na cidade de Vigo, onde seu legado está moi presente tanto no desenvolvemento urbanístico como nalgúns dos edificios máis emblemáticos e icónicos da cidade como son o Teatro García Barbón, a Fonte do Cristo ou o edificio Blanca Viñas-Aranda. “Unha mostra, en definitiva, que nos axudará a entender a influencia do traballo de Palacios na imaxe e paisaxe urbana de Vigo e de Galicia no nosos días”, precisou o conselleiro.

Para a realización desta exposición, o Museo do Mar de Galicia contará coa colaboración de entidades públicas e privadas como os concellos de Madrid, Vilagarcía de Arousa e O Porriño, particulares, e institucións como o Museo do Pobo Galego, o Círculo de Bellas Artes de Madrid, o Museo de Pontevedra ou o Metro de Madrid. Así mesmo, como complemento a exposición, deseñarase unha programación didáctica específica que poida ser utilizada nos centros educativos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS