O Consorcio de Augas do Louro vén de comunicar ao Concello que ás 11.00 horas desta mañá rematou a reparación da avaría que provocou un corte de subministro que afectou a todo o centro urbano da localidade
Polo tanto, espérase que a subministración se normalice gradualmente. A causa do fallo foi unha rotura na canalización xeral de auga. A avaría localizouse no Camiño de Currás e provocou problemas a partir das seis da mañá que se estenderon a toda a zona urbana.
Por outra banda, o Consorcio de Augas do Louro informa de que o corte de subministro que se anunciou hoxe, entre as 10.00 e as 12.30 horas, para tarefas de mantemento da rede que ía afectar a vivendas, locais e empresas con sede na avenida de Galicia e noutras rúas colindantes, non terá lugar, cancelándose ata novo aviso.