lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaTodo a casco urbano do Porriño, sen abastecemento de auga

Todo a casco urbano do Porriño, sen abastecemento de auga

Unha avaría na condución xeral de fibrocemento na subministración de auga deixou sen abastecemento a todo o centro urbano

Algúns dos veciños aseguran que ás 06.30 horas desta mañá xa non saía auga das súas billas. O caso é que foron moitos os sorprendidos e que non lle atopaban xustificación, pois precisamente, o pasado sábado dende o Concello do Porriño informaban dun corte previsto para este luns por tarefas de mantemento da rede de abastecemento pero nel indicaban que se produciría de 10.00 a 12.30 horas e que afectaría as vivendas situadas na avenida de Galicia e nas rúas Pontevedra, Ourense, Santiago e Coruña.

Dúas coincidencias que, a priori, non teñen relación. Neste caso, o Consorcio de Augas do Louro explica que a tubaxe principal rompeu á altura do Camiño de Currás e indica que está previsto que a reparación estea rematada ao mediodía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS