lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasÁrea de Vigo"Mururoa é 100% ficción, pero podería pasar en calquera vila"

«Mururoa é 100% ficción, pero podería pasar en calquera vila»

Unha rapaza, Iria, desaparece sen deixar rastro. O que si deixa é un profundo desacougo na súa familia que, de súpeto, aprende que significa a palabra «amor» logo dunha vida en que cada quen ía ao seu. A desaparición da moza levará a todos a relfexionar sobre os seus sentimentos e a dependencia que temos cos que nos rodean. Ao tempo, algo pasa na vila que tronza o cotián e que lembra ás xentes do lugar á vulnerabilidade do ser humano.

Esta é a historia que conta o xornalista e agora escritor novel Miguel Martín na que é a súa primeira novela publicada, Mururoa. Martín foi a voz dos informativos de vigo durante 18 anos, agora pon voz aos veciños e as veciñas da cidade mediante o grupo do Partido Popular xunto a Marta Fernández Tapias. E mentres, é o artifice desta historia.

Escoita a entrevista completa con Miguel Martín aquí.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS