sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoO BNG califica de "retroceso" para Ponteareas os primeiros 100 días de...

O BNG califica de «retroceso» para Ponteareas os primeiros 100 días de goberno do PP

O BNG de Ponteareas compareceu en rolda de prensa este luns para facer balance dos primeiros 100 días de goberno do PP de Nava Castro. Destacou o «retroceso» e a «volta ao pasado» que se está a producir, segundo o voceiro do BNG, Miguel Bouzó, co afán de desfacer todo o feito polo goberno anterior (BNG-PSOE).

Os nacionalistas ponteareáns advertiron do risco de perder os fondos europeos logrados por Ponteareas, 5 millóns de euros da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), ao ter que estaren xustificados os investimentos a 31 de decembro de 2023, e quedando por executar dous proxectos que deixara «en marcha» o BNG: un centro sociocultural en Aceros del Tea e un centro cívico na Praza Maior.

Igualmente, Bouzó definiu como «caos» e «improvisación» os cambios no tráfico no centro urbano, coa apertura aos coches de zonas antes peonís e cambios de sentido na circulación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS