Os casos positivos de COVID-19 seguen baixando e a día de hoxe hai 2.749 galegos diagnosticados con coronavirus, dos que 489 localízanse na área viguesa.
Os contaxios en Galicia continúan descendendo e a Área Sanitaria de Vigo non é unha excepción. Dos 2.749 casos positivos por coronavirus que rexistra hoxe a comunidade galega, 489 localízanse na área viguesa, onde oito Concellos non notificaron ningún contaxio novo na última semana. Estes son: As Neves, Arbo, Baiona, Crecente, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Oia e Tui.
No caso de Arbo, Crecente, Fornelos de Montes, Oia e Mondariz-Balneario, a situación epidemiolóxica e dobremente favorable, pois tampouco se diagnosticou ningún caso positivo de COVID nos últimos 14 días. Os cinco son Concellos con menos de 3.000 habitantes e non sorprende tanto a súa melloría como en Tui o Baiona, con 17.000 e 12.000 veciños respectivamente.
No resto de municipios da área viguesa, a maioría rexistran entre 1 e 9 casos positivos en coronavirus na última semana. Estes son: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Nigrán, Salceda de Caselas, Porriño, Mos, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Ponteareas, Pazos de Borbén e Redondela.
Os tres Concellos con máis contaxios son Vigo, con 109 casos; Cangas con 18 e Moaña con 17. Este último é o que rexistra na actualidade a maior incidencia acumulada con entre 75 e 125 contaxios por 100.000 habitantes. En todo caso, fóra da zona de risco.
75 galegos na UCI por COVID
A nivel xeral, en toda Galicia hai 2.749 persoas contaxiadas por coronavirus, dos que 75 están en Unidade de Coidados Intensivos. Outros 245 pacientes están hospitalizados e 2.429 no domicilio.
En toda a pandemia, 109.729 galegos superaron a enfermidade e outros 2.296 perderon a vida sendo diagnosticados de COVID-19.