sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísOs barcos galegos poderán pescar máis bacallau e escarapote

Os barcos galegos poderán pescar máis bacallau e escarapote

Boas cifras nas cotas de pesca repartidas na NAFO (Organización Pesquera del Atlántico Norte) para as especies que máis pescan os barcos galegos: unha suba do 56 % no escarapote, de case o 92 % no bacallau e o mantemento da cota do fletán, que finalmente non baixa.

As novas cotas para o sector pesqueiro pecháronse no mesmo escenario que acolleu en xullo a reunión informal dos ministros de pesca da Unión Europea, o Auditorio Mar de Vigo, onde, durante toda a semana, as delegacións internacionais do Atlántico norte debateron sobre as capturas ás que poderán acceder o próximo ano e que deixan satisfacción no sector pesqueiro.

Iván López, de Cecopesca, revelou que o bacallau pasa de 6.100 toneladas a 11.708, o que supón un incremento do 91,8 %.

O escarapote, nunha das áreas, sobe de 11.171 toneladas a 17.503, un 56,7 %, e mantense a cota do fletán, que no caso de Galicia é de 5.000 toneladas.

A posibilidade de capturar máis bacallau pode facer que algún bacalladeiro galego volva pescar no atlántico noroeste e compensar, polo menos en parte, o descenso dos límites de pesca en Noruega.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS