O Congreso dos Deputados aprobou este martes por 179 votos a favor e 171 en contra un cambio do regulamento que permite o uso das linguas cooficiais na Cámara baixa.
Os deputados puideron e poderán falar en catalán, eúscaro e galego.
A sesión incluíu a saída dos 33 deputados de Vox do hemiciclo en sinal de protesta e deixaron as súas pinganillos e petacas no asento do presidente do Goberno.
Os representantes do PP tamén protestaron na voz de Cuca Gamarra pero non abandonaron a sala. Pola súa parte o voceiro popular, Borja Sémper, fixo parte do seu discurso ante a cámara en eúscaro.
A voceira parlamentaria de Sumar, Marta Lois, citou a Castelao no seu descurso e díxolle aos grupos de dereita que “a posibilidade de falar nunha lingua non nega as outras”.
O socialista Gómez Besteiro foi o primeiro en estrearse usando o galego.