domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA vacinación contra a gripe e a covid comezará o 25 de...

A vacinación contra a gripe e a covid comezará o 25 de setembro

A campaña de vacinación conxunta da gripe e a covid iniciarase o luns 25 de setembro e finalizará o 31 de decembro. Comezará coa inmunización de residentes en centros de maiores e de discapacidade para continuar co resto dos grupos diana. Tamén o 25 de setembro dará inicio a campaña para a vacinación de bebés contra o virus respiratorio sincitial (VRS).

A vacinación, que as autoridades queren converter nunha campaña estacional, realizarase en centros de saúde, grandes recintos e nos hospitais, e tamén vaise facer nos domicilios das persoas que non se poden desprazar.

As persoas de 60 ou máis anos son as que se sitúan como foco desa poboación diana desta campaña. En Galicia xa se viña facendo así, pero en España é a primeira vez que o limiar se rebaixa ata os 60 anos.

Esta vacina conxunta da gripe e covid tamén vai especialmente dirixida ás persoas de grupos de risco, o persoal sanitario, os traballadores de residencias de maiores e centros de discapacidade, membros das forzas de seguridade, e outros tipos de sanitarios como os empregados de oficinas de farmacia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS