domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoOs bombeiros de Ponteareas liberan a unha veciña atrapada

Os bombeiros de Ponteareas liberan a unha veciña atrapada

A condutora sufriu un accidente con outro vehículo na N-120, ao seu paso por O Barral, e precisou a axuda dos bombeiros para sair do interior dun turismo.

Unha veciña de Ponteareas tivo que ser excarcelada do seu coche onte pola noite tras sufrir un accidente con outro vehículo cando ambos circulaban pola Nacional 120, na zona do Barral, a altura da ferretería O Barral. Sucedeu preto das 22 horas deste sábado, cando os condutores dos dous coches implicados se dirixían as súas respectivas casas para cumprir co toque de queda.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. Os primeiros en chegar foron os Bombeiros de Ponteareas, que foron os encargados de liberar á persoa atrapada no interior dun Fiat Panda amarelo. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil.

Logo de ser liberada polos bombeiros de Ponteareas, a muller foi trasladada polo persoal sanitario ao centro médico de referencia, mentres que o conductor do outro coche, tamén veciño da vila, non precisou atención médica.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS