domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísDúas toneladas de cocaína e 4 tripulantes detidos nun barco fronte ás...

Dúas toneladas de cocaína e 4 tripulantes detidos nun barco fronte ás Rías Baixas

Un pesqueiro cargado con máis de dúas toneladas de cocaína foi abordado fronte ás Rías Baixas por efectivos policiais da Udyco.

A operación diríxea a Audiencia Nacional. Nun primeiro momento producíronse 4 detencións a bordo do pesqueiro, aínda que a investigación segue aberta e non se poden descartar máis arrestos en terra.

Entre os catro tripulantes detidos habería polo menos un galego, o capitán do buque, que foi trasladado ao Porto de Vigo.

Esta actuación está impulsada pola Fiscalía Especial Antidroga, desde o xulgado de garda da Audiencia Nacional.

A droga tería sido recollida a pouca distancia da costa galega dun mercante de liña regular procedente de América do Sur.

Neste verán van 3 barcos incautados en condicións parecidas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS