En pleno centro de Sabarís, en Baiona, reavivouse de madrugada o lume que se orixinara este domingo.
Comezou a arder ao redor das 19.00 horas. Grazas a rápida intervención dos bombeiros e a ausencia de vento, foi posible controlalo de contado evitando que chegara ás casas da contorna.
A acumulación no viveiro de madeira, plástico, combustible e fertilizantes orixinou numerosas explosións que alertaron os veciños. A gran columna de fume era visible en todo o Val Miñor.
De madrugada o lume reavivouse pero o retén de bombeiros que se encargaba de controlalo sufocouno a tempo.