viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaA Garda Civil rescatou, coa colaboración veciñal, a un bombeiro forestal accidentado...

A Garda Civil rescatou, coa colaboración veciñal, a un bombeiro forestal accidentado na estrada de San Cosme

- O bombeiro, condutor dun vehículo de extinción de incendios, foi evacuado con pronóstico reservado ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Cara ás 20 horas do pasado venres, día un, unha patrulla de motoristas do Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de O Porriño, foi alertada por varios usuarios da vía do vuelco dun camión de extinción de incendios, no Camiño de San Cosme, vial que une a PO-331 coa localidade de Vigo.

Os axentes, que se atopaban nas proximidades do lugar, puideron comprobar a veracidade do aviso, localizando á altura do quilómetro 1 da vía, un camión de extinción de incendios da Xunta de Galicia vuelto sobre o talude da estrada. No seu interior atopábase o condutor e único ocupante, semiinconsciente e suxeito ao asento grazas á acción do cinto de seguridade, e incapacitado para abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Os Gardas Civís, coa colaboración de varios usuarios da vía, lograron desbloquear a porta do vehículo, rescatando ao condutor e prestarlle os primeiros auxilios, ata que chegou a ambulancia solicitada.

Unha vez estabilizado o ferido, foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro, a Policía local do Concello de Vigo encargouse da instrución das oportunas diligencias.

O sinistro, unha saída de vía polo marxe dereito con posterior vuelco, cuxas causas se descoñecen, produciuse cando o vehículo de emerxencias regresaba á súa base despois de cargar auga despois de atender un incendio forestal na localidade de Salceda de Caselas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS