viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO Campamento de Arbo remata con éxito

O Campamento de Arbo remata con éxito

- Máis de 95 nenos e nenas participaron nas actividades diarias durante unhas vacacións moi especiais

O Concello de Arbo, a través da empresa SIF e con financiamento da , que se celebro durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do C.E.I.P. Antonio Carpinteiro. A actividade conto con máis de 95 rexistrados de diferentes idades entre os que ademas de veciños e veciñas de Arbo, tamén participaron doutros municipios.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, lembra que esta acción “busca que os máis pequenos poidan gozar de diferentes xornadas durante o verán con outras persoas da súa idade, establecendo contacto directo coa natureza e fomentando, ademais, os hábitos de vida saudable, a través de xogos e actividades deportivas, así como o traballo en equipo”.

O campamento conta con actividades creativas, acuáticas, de multiaventura, deportivas, de sensibilización coa natureza, así como veladas nocturnas. Todas elas axústanse ao principio de socialización, potenciando actitudes de cooperación e solidariedade cos compañeiros, do mesmo xeito que a realización de actividades mixtas, buscando a igualdade efectiva entre os participantes. Unha actividade estival que cada ano ten máis demanda.

O campamento de verán de Arbo, é unha iniciativa dirixida especialmente aos máis pequenos, pero coa intención de fomentar a conciliación familiar nestes meses sen clases e na que os maiores continúan traballando, na que ademais os nenos e nenas non perden contacto cos seus compañeiros e compañeiras e gozan dun verán divertido.

O vindeiro campamento, terá lugar no mes de Nadal, e dende o Concello de Arbo, animamos aos maís cativos e cativas a seguir participando nesta actividade.

Agradecera as monitoras e monitores polo traballo realizado durante os meses de xullo e agosto e que fixeron que os participantes disfrutasen do verán e aos país e nais e sobre todo aos nenos e nenas por escoller o campamento de verán para as súas vacacións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS