viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComezan as obras de humanización na fortaleza de Salvaterra

Comezan as obras de humanización na fortaleza de Salvaterra

- Cunha inversión de máis de 600.000 euros levaranse a cabo actuacións de pavimentación, canalización e alumeado público

Hoxe luns 4 de setembro dan comezo as obras de humanización da Fortaleza de
Salvaterra de Miño dentro dun proxecto de cooperación entre a Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de
Salvaterra de Miño.


Serán máis de 600.000 euros para executar as obras que se inclúen dentro do proxecto
de rehabilitación da Fortaleza no que se acondicionará o ámbito das rúas mediante a
pavimentación de lousas de pedra, a canalización subterránea das infraestruturas e o
alumeado público. Ademais levarase a cabo no entorno da Praza da Oliva a substitución
do actual asfalto por un pavimento de terra.


Con todas estas actuacións preténdese mellorar a calidade ambiental do recinto,
revitalizando o seu uso residencial, e plantaranse 3 olivos que seguirán a antiga trama
das edificacións preexistentes e mellorarase un entorno que a día de hoxe é un dos
atractivos turísticos de Salvaterra de Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS