viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaAprobado provisionalmente o proxecto para a intersección da N-550 en O Tablado,...

Aprobado provisionalmente o proxecto para a intersección da N-550 en O Tablado, Louredo

- Convocarase nos vindeiros días unha reunión coa veciñanza na parroquia, para expoñerlle o proxecto e ofrecerlles axuda e asesoramento técnico nas alegacións

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os seus concelleiros e concelleiras abordaron esta mañá en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local a recente aprobación provisional por parte do Ministerio de Fomento do proxecto de remodelación da intersección na N-550 ao seu paso por Louredo, que foi publicado onte, día 31 de agosto, no BOE (Boletín Oficial do Estado), e tamén recibido o documento no Concello.

O obxectivo das obras de intersección no cruce de O Tablado na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo, cun orzamento estimado de 582.432 euros, é trasladar a intersección actual uns 270 m cara ao sur, para mellorar as condicións de visibilidade e seguridade viaria.

Durante a Xunta de Goberno celebrada hoxe, o equipo de goberno local acordou convocar nos vindeiros días unha reunión coa veciñanza na parroquia de Louredo para expoñerlle o proxecto e ofrecerlles axuda e asesoramento técnico para que poidan presentar ante o Ministerio ás alegacións ao documento aprobado provisionalmente que estimen oportunas.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou provisionalmente o proxecto de trazado da remodelación da intersección da estrada N-550, ao seu paso por Louredo, no municipio de Mos. Agora atópase no trámite de información pública, tras a publicación onte do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O orzamento base de licitación das obras estímase en 582.432 euros (IVE incluído). O obxecto do proxecto é a mellora da seguridade viaria da intersección non canalizada existente no p.k. (punto quilométrico) 148+650 da N-550, ao seu paso por Louredo, que conecta con núcleos existentes na marxe esquerda a través dun vial municipal. A actuación proxectada traslada a intersección actual uns 270 m cara ao sur, para mellorar as condicións de visibilidade e seguridade viaria, executando unha variante do vial secundario e dispoñendo unha nova intersección con cuñas de incorporación e saída, carrís centrais de almacenamento e espera e posibilidade de cambio de sentido.

A solución urxente para o cruce de O Tablado é unha das demandas históricas comprometidos por Fomento en Mos e que levaban anos pendentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS