O compromiso do ministro de Transportes con Feijóo é que a rebaixa das peaxes da AP-9 se apliquen no segundo semestre deste ano como tamén a gratuidade do tramo de Redondela.
O presidente da Xunta reuniuse co responsable das Infraestruturas, José Luis Ábalos, para abordar, entre outros asuntos, os prometidos descontos na AP-9, unha das autopistas máis caras de España. O compromiso do Goberno central é que se comecen aplicar na segunda metade deste ano.
O propósito é que as dúas administracións, estatal e autonómica, cheguen a un consenso previo para logo trasladarllo á concesionaria, Audasa.
Os descontos pasarían por favorecer aos usuarios frecuentes da autopista, ademais de facer de balde o tramo da AP-9 polo termo municipal de Redondela, en Chapela.
No encontro entre Feijóo e Ábalos quedaron moitos temas de Mobilidade pendentes de abordar por falla de tempo, de modo que o ministro xa acordou na axenda un encontro co presidente galego en Galicia vindeiro 5 de abril.