sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsBaiona clausura o seu campamento urbano

Baiona clausura o seu campamento urbano

- A praza do Concello de Baiona acolleu esta mañá o acto de clausura da segunda quincena do campamento urbano ofertado de forma gratuíta a través da concellería de cultura

A concellería organiza esta actividade para ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de actividades de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia entre as persoas máis pequenas.

Para a celebración das actividades establecéronse dúas quendas no mes de agosto: do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. Os horarios son de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas e participaron 45 cativos e cativos na primeria quenda e 15 nesta segunda quincena.

Durante o campamento desenvolveuse un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado. Houbo distintas clases de xogos: de presentación, de cooperación, de integración…visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila. Entre as actividades programáronse visitas á Carabela Pinta, á Casa da Navegación, á Virxe da Roca, ao Parador de Turismo Conde de Gondomar, á Estatua de Martín Alonso Pinzón, ao monumento “Atopo entre dous mundos”, ao porto… Tamén se realizou un tramo do Camiño Portugués pola Costa, unha recollida de residuos na praia e unha festa temática para este fin de quenda.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, fixeron entrega dun diploma a cada un dos nenos e nenas participantes na actividade que intercambiaron coa concelleira as súas impresións acerca de loas actividades na que participaron estes días de campamento urbano.

O campamento levou a cabo a empresa de actividades lúdicas e educativas Matrácala.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS