O SERGAS convoca a 4.400 persoas, de entre 50 e 55 anos, a unha vacinación masiva contra a COVID-19 no Ifevi o sábado.
Deste xeito, un equipo de 60 profesionais sanitarios administrarán a vacina de AstraZeneca entre as 08:00 horas e as 22:00 horas na xornada do sábado a 4.400 persoas de entre 50 e 55 anos de idade, segun dixo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en conferencia de prensa. As persoas que están convocadas polo SERGAS son as nacidas entre o 11 de marzo de 1965 e o 31 de decembro de 1971. Recibirán un SMS e, máis tarde, unha chamada automática de confirmación.
Un programa piloto para a vacinación masiva ponse en marcha este xoves na Cidade da Cultura, en Santiago, co fin de probar o mecanismo e segundo dixo Comesaña «trátase de testar a capacidade de vacinar en espazos alternativos ás estruturas convencionais do SERGAS».