O Concello de Nigrán emprendera nas próximas semanas un novo plan de asfaltados que comprenderá a 33 rúas de todo o municipio cun investimento de 515.353,77 a cargo do Plan Concellos 2022. Estes súmanse aos realizados a inicios de ano en 51 estradas das 7 parroquias cun custe de 633.127 € ou ás humanizacións da rúa Mestra Emérita (309.127 €) e Otero Pedrayo (en curso, 1’3 millóns). Entre as novas, figuran algunhas especialmente demandadas pola veciñanza, como poden ser Don Marcial e Mámoa en Priegue; en Parada, Montecastelo e Das Agullas (acceso ao CEE Juan María) ou Pontillón en Vilariño.
«Seguiremos sumando máis plans ata chegar a todas as rúas que o precisen; no que vai deste ano acadamos case cen estradas, un fito que nunca se deu na Historia de Nigrán, e así continuaremos», explica o alcalde, Juan González, en referencia a este investimento total de 2,6 millóns de euros en 86 rúas en menos de 6 meses. «Este goberno non asfalta para as campañas electorais, este goberno asfalta durante todo o seu mandato para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza e a seguridade viaria do municipio», insiste.
Estas 33 estradas seleccionadas teñen en común o mal estado do firme coa conseguinte demanda de renovación por parte da veciñanza. Así, segundo recolle o proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya, todas estas rúas se atopan en moi mal estado de conservación e a solución adoptada é un reforzo do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico (existen tramos destes camiños en terra, así que o cambio será aínda máis substancial). Ademais, renovarase a sinalización horizonal e se intalarán reductores de velocidad nos tramos máis sensibles. «En definitiva, suporá un cambio radical na mellora da seguridade viaria de estas estradas e na propia calidade de vida de cada barrio», resume o rexedor.
Os caminos que comprenden este plan de asfaltados son 8 de Priegue (rúa da Cova, Outeiro, Eidos, Don Marcial, Recosto-Penedo, Camiño do Monte e Mámoa); 5 de Panxón (Costa da Barxa, Patos-Camiño da Fonte, Cacholeiro, Escontriño e Zoila); 6 de Nigrán (Teixugueira, Pedregal, Piñeiro-Nogueira, Pombal, Torriña e Cabalo); 9 de San Pedro (Praia América, Carballal, Igrexa, rúa da Foz, Sarmiento, Ana Isabel Costas, Valle Inclán, Torrente Ballester e Pontillón) e, finalmente, 4 de Parada (Agullas, Casanova, Igrexa e Cabaleiros).