domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasTomiño e Ponteareas baixan a incidencia acumulada a 7 días

Tomiño e Ponteareas baixan a incidencia acumulada a 7 días

Tomiño e Ponteareas, con non máis de 9 positivos cadanseu, rexistran agora unha incidencia inferior a 10 casos por cada 100.000 habitantes

Na xornada anterior, o concello de Tomiño e o de Ponteareas achegábanse aos 25 casos por cada 100.000 habitantes e nesta nova actualización de Sanidade non supera os 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Pola contra, Salceda de Caselas aumenta o número de contaxios en COVID-19 e aumenta así ata máis de 25 casos por cada 100.000 habitantes en 7 días.

Cunha incidencia entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes: A Guarda, Tui, A Cañiza, O Covelo, Mos, Vigo e Redondela, que manteñen os datos con respeto a onte.

Con 0 positivos en COVID-19 nunha semana atópanse os concellos de Gondomar, Nigrán, As Neves e Mondariz. Así que a súa incidencia é inferior aos 10 casos por cada 100.000 habitantes. Tomiño, Ponteareas e O Porriño, nesta mesma situación epidemiolóxica, teñen entre un e 9 casos positivos en 7 días.  Os concellos que si están libres do virus, pois non contan con ningún contaxio entre a súa veciñanza en dúas semanas, son Oia, Salvaterra de Miño, Arbo , Crecente e Mondariz-Balneario.

O Rosal e Baiona non acadan os 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e Soutomaior segue a ser o municipio cunha peor situaicón epidemiolóxica con máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes en dúa semanas. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS