Xa está rematada a instalación dunha pasarela na estrada PO-402 na senda entre Oleiros
e Leirado. A senda, unha obra da Xunta de Galicia que unificará as parroquias de Oleiros,
Fiolledo, Corzáns e Leirado; ten un itinerario fundamentalmente de uso para os peóns
que supón unha mellora de seguridade e accesibilidade.
Actualmente, xa hai tramos rematados e coa pasarela colocada avanzase na obra que
dotará a veciños e veciñas de mobilidade entre parroquias e conectará co centro urbán
de Salvaterra de Miño.