jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Garda Civil detén a un veciño de Cambados como presunto autor...

A Garda Civil detén a un veciño de Cambados como presunto autor dos roubos a dúas entidades bancarias nas localidades de Teo e Moraña

- No roubo á entidade bancaria de Teo intimidou a unha cliente e a un empregado cun arma branca

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago de Compostela, en colaboración co Equipo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia de Pontevedra e do Área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de O Milladoiro (Ames), procedeu á detención dun home como presunto autor dos roubos a unha sucursal bancaria en Teo e outra en Moraña.

A investigación iníciase a raíz do roubo perpetrado o día 02 de agosto nunha entidade bancaria na localidade de Teo (A Coruña).

Tras as actuacións e xestións correspondentes, lográrase coñecer a identidade do presunto autor e compróbase que este home xa fora identificado con anterioridade polos membros do Equipo de Patrimonio da UOPJ de Pontevedra como presunto autor do roubo o día 02 de maio nunha sucursal bancaria na localidade de Moraña.

A partir dese momento, as investigacións continúan de maneira coordinada, baixo a tutela do Xulgado de Instrución n1 de Santiago de Compostela, localízase e detense a este home, de 50 anos, con domicilio en Cambados e antecedentes policiais, como presunto autor de dous delitos de roubo con violencia e intimidación.

Tras a detención, procedese ao rexistro do seu domicilio onde se localizan probas relacionadas con eles.

O detido, xunto coas dilixencias e os efectos atopados, foi posto á disposición xudicial, que decretou a súa entrada na prisión.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS