viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeDeportesMos continúa promovendo o programa "CÓIDATE", que nacera tras o confinamento

Mos continúa promovendo o programa «CÓIDATE», que nacera tras o confinamento

- O programa CÓIDATE de actividade deportiva persoalizada, autocoidado e hábitos de vida saudables impártese os luns e mércores no Pavillón Patricia Martínez e conta con prazas dispoñibles

Desde o ano 2020 o Concello de Mos desenvolve o programa CÓIDATE. Desde a súa posta en marcha decenas de persoas veñen incorporando hábitos saudables personalizados e titorizados por un coaching.

Trátase dunha iniciativa, ao igual que o programa EXERCÍTATE para maiores, promovida pola concellería de Política Social que dirixe a edil Sara Cebreiro. Se ben, este programa a diferencia do CÓIDATE non vai dirixida a persoas maiores senón de todas as idades, pero con actividades personalizadas adaptadas ao ritmo persoal de cada un e dirixidas pola monitora.

Como se aproxima o remate da tempada estival e o inicio do novo curso, desde a administración local promociónase esta iniciativa municipal e infórmase de que quedan prazas libres para que os interesados poidan participar neste programa CÓIDATE – un Coaching para ti.

O obxetivo principal do mesmo é o de facer deporte, controlar o peso, reducir os riscos na saúde, fortalecer os ósos e músculos, mellorar a habilidade para facer actividades diarias e previr caídas, aumentar as posibilidades de vivir unha vida máis saudable, etc.

As sesións impártense os luns e mércores de 10 h a 11 h no Pavillón Patricia Martínez (Castro-Mos) e constitúen un xeito ideal de manterse en forma e incorporar de maneira moi doada ao día a día hábitos de vida saudables.

Para obter máis información sobre este programa pódese contactar telefónicamente co Multiusos das Pozas no número: 986 33 94 04.

Sobre o programa CÓIDATE

Naceu tras os meses de confinamento esixidos pola pandemia da Covid-19 co obxectivo de impulsar e retomar o fomento dunha vida activa, sá e saudable. E desde o seu inicio logrou decenas de adeptos que incorporaron o autocoidado e os hábitos de vida saudables á súa rutina.

A actividade física reduce o risco de padecer enfermidades
cardiovasculares, tensión arterial alta, cancro de colon e diabetes. Axuda a controlar o sobrepeso, a obesidade e a porcentaxe de graxa corporal.
Fortalece os músculos e mellora a capacidade para facer esforzos sen fatiga. Ter unha boa condición física aumenta o nivel de enerxía, mellora o humor e actitude, axuda ao corpo a axustarse ata a actividades de rutina, aumenta a resistencia muscular, forza e flexibilidade. Fortalece o sistema musculoesquelético, reduce o sobrepeso e aporta estabilidade ás articulacións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS