Unha das incógnitas das festas de setembro de Ponteareas xa está revelada: o actor e humorista Touriñán será o pregoeiro. Segundo confirmou o equipo de informativos de Si Radio de Galicia, o pregón terá lugar o venres 8 a partir das 21:00 horas.
Neste contexto, comeza a conta atrás para que comece a programación. Este venres día 1 ten lugar a 14 edición do Torneo de Tenis nas pistas da Freixa e o sábado 2, a partir das 21:00 horas, a Praza Bugallal acolle a Gala Lírica de Zarzuela Soutullo na ialma.