viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui inviste 15 mil euros do fondo municipal no comedor do CEIP...

Tui inviste 15 mil euros do fondo municipal no comedor do CEIP de Guillarei

- Todos os centros educativos públicos de Primaria contan con este servicio

O CEIP de Guillarei estreará no curso 2023/24 o servizo de comedor escolar tras as obras realizadas no centro cun investimento de 15 mil euros por parte do Concello de Tui con fondos propio.

Deste xeito todos os centros escolares públicos do municipio de Primaria contarán este servizo tan importante para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Esta é unha das obras de mantemento e mellora que o Concello de Tui está a realizar aproveitando as vacacións escolares do verán nos distintos colexios con fondos propio, pondo a punto ás instalacións para o inicio do novo curso.

A construción do comedor escolar no CEIP de Guillarei supuxo un investimento de 15 mil euros. Consistiu na instalación de tarima vinílica e zócalo no chan, e falso teito con nova luminaria, e mosquiteiras nas ventás. Amais colocáronse módulos de cociña con fregadeiro de 2 senos, billas de pedal con regulación de temperatura, e encimeira.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, indica que o investimento que o Concello de Tui está realizando nos últimos anos para que os centros educativos conten con comedor escolar “da resposta á demanda das comunidades educativas das nosas parroquias, e que ano a ano imos cumprindo”. Salienta así que “nestes momentos todos os centros educativos do municipio contan con comedor escolar” de tal xeito que os colexios do rural contan cos mesmos servizos que os do centro urbano.

Sonsoles Vicente explica que a súa concellería “seguirá investindo nos centros educativos do municipio, aínda que non sexa da súa competencia, para cubrir as necesidades da comunidade educativa do noso municipio, e seguiremos apostando pola equidade entre o rural e a zona urbana”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS