En Galicia están confirmados 90 casos da variante británica da COVID-19 pero o caso sospeitoso da variante brasileira segue en estudo, segundo confirmou a directora xeral de saúde pública, Carme Durán, en rolda de prensa.
Segundo a Consellería de Sanidade, non hai novidades ao respecto das novas variantes do coronavirus en circulación por Galicia. Hai 90 casos confirmados da británica e seguen os estudos sobre a brasileira.
Continúa a secuenciación e vixiancia ante a aparición de novas cepas.