domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísProba de vacinación masiva nas áreas sanitarias de Galicia o sábado

Proba de vacinación masiva nas áreas sanitarias de Galicia o sábado

Sanidade pon en marcha unha proba piloto na Cidade da Cultura, en Santiago, na que están citadas 1.000 persoas para vacinarse coa dose de AstraZeneca.

Probarase o modelo de citación, desta vez coa tecnoloxía, a loxística e o propio proceso de vacinación, segundo dixo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Están convocadas 1.000 persoas de entre 50 e 55 anos. A orde de citación iniciouse pola letra H como ocorreu co proceso de vacinación das persoas maiores de 80 anos. Igualmente, pódese comprobar a través da páxina web de citas do SERGAS se es unha das persoas citadas.

Este modelo levarase ás outras áreas sanitarias de Galicia o sábado, «lodo de realizar os axustes necesarios», segundo dixo Comesaña na conferencai de prensa na que deu conta das decisións da reunión de onte do Comité Clínico, co fin de vacinar a unhas 20.000 persoas da comunidade.

Este é o número de persoas convocadas por áreas:

  • 4.300 da Área Sanitaria da Coruña-Cee
  • 2.300 da Área Sanitaria de Lugo-Mariña-Monforte
  • 2.200 da Área Sanitaria de Ourense, O Barco e Verín
  • 2.400 da Área Sanitaria de Santiago- Barbanza
  • 4.400 da Área Sanitaria de Vigo
  • 1.300 da Área Sanitaria de Ferrol
  • 2.200 Área Sanitaria de Pontevedra.

Empregarase as 30.000 dose que chegaron á comunidade de Astra Zeneca, segundo dixo Comesaña.

 

A proba piloto comeza este xoves pola tarde na Cidade da Cultura, en Santiago, e as persoas que foron covocadas polo SERGAS, menores de 55 anos, recibiron un SMS e ao longo do día recibirán unha chamada automática de confirmación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS