O número de casos activos continúa decrecendo en Galicia, tamén as hospitalizacións pero non deben pasar desapercibidos os novos contaxios diarios que esta semana crecen día a día. O luns o Sergas informaba de 88 novos positivos, pero onte e hoxe os novos contaxios diarios xa superan o cento.
Certo é que os casos activos levan 35 días en descenso en Galicia, situándose actualmente en un total de 3.257 persoas con covid-19, 165 menos ca onte. Con todo esta semana produciuse un cambio. Despois de xornadas cos novos contaxios diarios en descenso, esta semana comezaron a repuntar. Onte notificou o Sergas a detección de 168 novos positivos en Galicia e onte foran 152, cando nas xornadas anteriores eran menos do cento.
Por área sanitarias:
A Coruña: 1.196 (-15)
Vigo: 573 (-37)
Pontevedra: 419 (-23)
Santiago: 357 (-22)
Lugo: 244 (-38)
Ferrol: 260 (-19)
Ourense: 209 (-11)
Nos hospitais unicamente descendeu en 3 persoas o número de hospitalizados. Hai 366 persoas ingresadas por COVID-19 en Galicia: 289 en planta (-3) e 77 nas unidades de coidados intensivos (=).
Na última xornada o Sergas notificou 5 novos falecementos, o que sitúa a cifra de vítimas mortais no que vai de pandemia a 2.283.