viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño recibe a un grupo de peregrinos da cidade italiana de...

O Porriño recibe a un grupo de peregrinos da cidade italiana de Turín

- O alcalde estivo con eles na Praza Arquitecto Antonios Palacios e agasallounos con bolas de Pan do Porriño

Un grupo da Associazione Mulino Sambuy de Turín, Italia, chegaba pasadas as 14.00 horas deste sábado á Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño logo de iniciar en Tui, esta mesma mañá, o Camiño Portugués a Santiago.

Foron recibidos polo alcalde Alejandro Lorenzo e concelleiros do equipo de goberno que os felicitaron pola iniciativa e os agasallaron con catro bolas de Pan do Porriño, desexándolles un bo Camiño.

A previsión é realizar a ruta xacobea en seis etapas, unha por día, dende hoxe ata o vindeiro xoves 31. Porriño é a fin da primeira, onde quedarán a xantar e a pasar a noite para mañá continuar a andaina.

A actividade enmárcase na iniciativa CamminAutismo e no percorrido van acompañados por axentes da Garda Civil que lles presta apoio para desenvolvemento da mesma ao abeiro do proxecto Camiñando xuntos polo autismo no Camiño de Santiago.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS