sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsSalvaterra recibe unha doazón histórica

Salvaterra recibe unha doazón histórica

- Esta é a quinta xeración da familia Mon que actualmente leva a quinta e que conserva ampla documentación da adega

O Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño acaba de recibir unha importante
doazón. Trátase dunha botella do ano 1887 “Chateau Teanes – Marca Mon” que
pertencía a familia Mon e que provén da Quinta de Teanes en Oleiros. Miguel Mon é a
quinta xeración da familia, a persoa que actualmente leva a finca, e que decidiu facer
está valiosísima doazón para que unha peza con tanta historia formara parte do museo.


Actualmente, a Quinta de Teanes conserva a adega de orixe, a que crearon o bisavó e o
avó de Miguel e que elaborou durante anos viño que chegaba a París, tal e como figura
nos arquivos gardados. Nesa documentación que ten a familia tamén están os diarios
detallados nos que descubrimos a alta producción que tiña a adega nos anos vinte
elaborando ata 500 pipas de viño. A adega que durante anos exportaba o seu viño
continuou a produción e vendendo ata o 1975 con Alejandro Mon ó fronte.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS