sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoSalceda presenta a XXIX Festa dos Callos

Salceda presenta a XXIX Festa dos Callos

- Todo listo en Salceda para unha nova edición da Festa dos Callos

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu esta mañá a presentación da XXIX Festa dos Callos de Salceda de Caselas, que se celebrará o vindeiro fin de semana. A presentación contou coa participación de Álex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, cos representantes do Grupo Coren Angel Rodríguez e Alejandro Alonso, o Presidente do Grupo Señorío de Rubiós, Antonio Méndez e a Alcaldesa de Salceda de Caselas Loli Castiñeira.

O presidente Antonio Méndez quixo mostrar o seu agradecemento ao Concello de Salceda de Caselas por contar un ano máis coa adega das Neves para a cita gastronómica, e presentou o viño que acompañará aos Callos esta fin de semana, un Sousón Tinto de Señorío de Rubiós, a uva máis abundante de Rubiós.

Ángel Rodríguez, Director Financeiro de Frigolouro, quixo remarcar a importancia que ten para o Grupo Coren e para Frigolouro a participación nunha festa do tamaño e tradición como a de Salceda, conseguindo unhas sinerxias positivas para empresa e para o Concello.

Alejandro Alonso, o mestre cociñeiro encargado da elaboración do prato confirmou que se prepararán en torno as 20.000 racións de callos, para as cales se empregarán 1900 kg de ventre de vacuno, 920 kg de carne de pata de tenreira, 2.200 kg de garbanzo remollado, 425 kg de lacón e 350 kg de chourizo galego, co seu sofrito correspondente, que sumarán un total de máis de 5.000 quilos de produto. A preparación dos callos comezará sobre a 1:30 para sobre as 7:30 facer a mestura do sofrito coas carnes e ter o producto preparado ás 8:30 para empezar a despachar sobre as 9:30.

O Concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez quixo recalcar a importancia que ten esta cita para Salceda e toda a comarca, denomindando a festa como de “quilómetro cero”, xa que os callos elabóranse no Porriño, o viño nas Neves e o pan é suministrado polas panaderías de Salceda. Quixo tamén mostrar o agradecemento a todas as persoas e colectivos que fan posible a festa: O Grupo Corén, os empregados e empregadas municipais, Policía Local, Protección Civil e ás persoas que colaboran como voluntarias no día da Festa.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda quixo recalcar que a Festa dos Callos é un dos eventos máis importantes de Galicia no que a gastronomía se refire por constancia, por traballo e por involucración, convertido a Salceda mesa Fin de Semana nun referente gastronómico e turístico. Quixo arpoveitar a ocasión para convidar a que todas as persoas se acheguen esta fin de semana a unha Salceda que locerá o máis fermosa posible.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS