viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsCovelo amplía a rede de abastecemento de auga potable nos barrios de...

Covelo amplía a rede de abastecemento de auga potable nos barrios de As Pereiras e Vilanova, en Casteláns e Barcia de Mera

- Executadas con fondos propios, estas obras dan servizo a dez fogares

O Concello de Covelo continúa traballando na mellora dos servizos básicos e vén de ampliar
a rede de abastecemento de auga potable dos barrios de As Pereiras e Vilanova, nas
parroquias de Casteláns e de Barcia de Mera respectivamente.

Executadas con fondos propios, estas obras solucionaron o problema de abastecemento de
auga existente e permitiron mellorar a rede que xa estaba obsoleta. Unha nova instalación
que dá servizo a dez fogares máis e que garante un subministro óptimo. A ampliación da
rede permitirá dotar de abastecemento de auga principalmente ao lugar de Vilanova que
experimentou un incremento de poboación pola incorporación de novos/as residentes e que
non dispoñia de abastecemento de auga municipal

O alcalde, Pablo Castillo, explica que cada ano se fai un importante esforzo en mellorar as
traídas de auga, realizar controis e mantemento das xa renovadas e dar apoio ás traídas
veciñais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS