viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeCulturaDiego de Giráldez deixa unha pegada da súa arte no Concello da...

Diego de Giráldez deixa unha pegada da súa arte no Concello da Cañiza

- O Alcalde Luis Piña e o recoñecido artista cañicense, inauguraron esta mañá esta nova exposición composta por 4 extraordinarias obras da colección particular de Diego de Giráldez. Unha mostra que permanecerá no despacho do Alcalde durante un ano, podendo ser prorrogable ata o ano 2027

A iniciativa de Diego de Giráldez de colaborar coa Alcaldía da Cañiza e expor algunha das súas creacións nesta Sala Institucional, nace no ano 2020, no mes de xuño, con motivo da conmemoración dos 200 anos de Constitución do Concello. Nesa data, Diego de Giráldez aceptou a invitación do Alcalde de “deixar unha pegada do seu ARTE na Casa Consistorial, como mostra dos lazos de amizade que lle unen ao Concello da Cañiza, do cal é Fillo Predilecto”. 

Hoxe o noso pintor, escultor, anatomista e creador do Realismo NAS, renovou a colección que temos o privilexio de acoller.

“Albergan el Recuerdo” obra pintada no ano 1985, “Dalí y Gala en mis sueños” (2015), “La Vida” (1998) e ,“ Retrato – de Diego de Giráldez”(2006),  son os títulos das catro obras da colección particular de Diego de Giráldez que se poderán visitar na Alcaldía durante o vindeiro ano.

O Alcalde Luis Piña agradeceu unha vez máis a xenerosidade do artista por ter compartido con todos os cañicenses parte do seu legado artístico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS