lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os ingresos pero soben os contaxios diarios de COVID-19

Baixan os ingresos pero soben os contaxios diarios de COVID-19

A cifra de persoas ingresadas en hospitais de Galicia por COVID-19 segue a descender, actualmente son 369 (292 en planta (-27) e 77 en UCI (-2). Pola contra os contaxios que se detectan a diario están aumentando, na última xornada foron 152 novos positivos, fronte aos 88 do día anterior.

A caída dos casos activos de COVID-19 en Galicia faise máis lenta . Actualmente son  3.422 persoas as persoas con coronavirus en Galicia, 92 menos que o día anterior. É a menor baixada dende hai pouco máis dun mes (4 de febreiro).

 

Por áreas sanitarias A Coruña segue dupricando a Vigo:

A Coruña: 1.211 (-36)

Vigo: 610 (+4)

Pontevedra: 442 (-15)

Santiago: 379 (-8)

Lugo: 282 (-22)

Ferrol: 279 (-9)

Ourense: 219 (-6)

 

Na última xornada, o Sergas non notificou ningún falecido de COVID-19. A cifra de decesos desde o inicio da pandemia sitúase en 2.278 persoas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS